Concerto de The Tetas’ Van en Baiona

A Concellería de Cultura de Baiona ofrece este mércores 28 de agosto o concerto de The Tetas’ Van, ás 23:00 horas na Praza do Concello, incluído no programa Baiverán 2019. The Tetas’ Van é un grupo de rapazas na súa maioría (aínda que contan con marabillosos músicos rapaces) que pretende revolucionar as salas de concertos coas súas músicas.

Aínda que son especialistas en versións o seu obxectivo é o de divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as inxustizas que tocan a todas, a través da nosa lingua galega. Pretenden ser tamén a voz de todas aquelas que desexen que canten os seus poemas, textos ou melodías e por iso contan coa colaboración de poetisas que lles regalan as súas verbas encantadas.

The Tetas’ Van somos artistas e malabaristas xa que combinan a súa vida de profes, estudantes, nais, irmás, tías e amigas coa de músicas que buscan a diversión e a felicidade a través das notas.

Anuncios