Baiona acolle por quinto ano a celebración do Día Mundial da Fibrose Quística

Con motivo do Día Mundial da Fibrose Quística a Asociación Galega de Fibrose Quística volve realizar numerosas actividades o vindeiro domingo día 1 de setembro dentro do programa Baiverán que realiza todos os anos o Concello de Baiona, o cal colabora con esta asociación por 5º ano consecutivo. Este ano como novidade serán dous días.

Domingo 1 de setembro – Praza do Concello:

  • Xogos de Mesa da man de El Patio de Mi Casa.
  • Pasarrúas e photocall realizado pola Legión 501 (os personaxes da Guerra das Galaxias).
  • Inchable para os máis pequenos de Festa a Esgalla.
  • Teatro “Zona en Obras” de Bráis das Hortas.
  • Zumba con Toni e Saúl de ToniPilates.
  • Música da man de Manuel Olegario e Jaime Vilas cos seus acordeóns, os músicos Rubén de Lis e Dani Costas e baile da man de Dando la Nota e LDanzia.

Ademais, durante todo o día realizaranse numerosos sorteos de magníficos produtos doados polos comerciantes da zona que, cun pouco de sorte, poden ser vosos adquirindo as rifas solidarias que estarán dispoñibles na mesa da asociación durante ese día.

O percorrido dos pasarrúas da Legión 501 será ás 11:00 con saída do Pavillón de Deportes dirección Concello pasando pola rúa Diego Carmona, Carabela A Pinta e Praza do Concello. Na Praza estará dispoñible un Photocall onde se poderán sacar fotos cos personaxes da Saga.

Domingo 8 de setembro – Praza do Concello:

Andaina solidaria a favor da Asociación Galega de FQ coa colaboración do Club Cornelios. Sairá da Praza do Concello e para participar hai que inscribirse na seguinte ligazón: https://bit.ly/2NosOm2 ou media hora antes na mesa da asociación. Entre os participantes sortearanse magníficos agasallos doados polos comerciantes da zona ao finalizar a andaina e poderán gozar dunha degustación de rosca doada por Tu Pana Obrador.

Dous días para pasar en familia gozando de numerosas actividades deportivas, lúdicas e culturais cun magnífico obxectivo, solidarizarse e axudar a dar a coñecer a Fibrose Quística (enfermidade xenética e dexenerativa que afecta principalmente o aparello dixestivo e respiratorio), recadar fondos para manter os servizos que a Asociación Galega de Fibrose Quística, que ofrece ás persoas con Fibrose Quística e as súas familias (fisioterapia a domicilio, asesoramento social, psicolóxico,…), para reclamar Unidades de Referencia na comunidade galega e que non se demore o financiamento de medicamentos de última xeración e por conseguinte o seu rápido acceso ás persoas que o necesitan, medicamentos que levan aprobados pola FDA en EEUU desde o 2015 e pola EMA en Europa desde o 2016 e que a día de hoxe en España segue pendente de financiamento.

2019-08-25 - Día Mundial FQ Baiona 01092019_Gal2019-08-25 - Día Mundial FQ Baiona 08092019 - Cartel Andaina

Anuncios