Últimas prazas no V Campamento Musical da Agrupación Musical de Vincios

A Agrupación Musical de Vincios oferta as súas últimas prazas para o campamento musical infantil que terá lugar do 26 ao 30 de agosto en horario de 9:30 a 13:30 horas. A proposta está dirixida a nenas e nenos de 4 a 8 anos que terán a oportunidade de divertirse experimentando coa música a través de xogos e diversas actividades coma taller de instrumentos reciclados, xincana musical, etc… Inscrición nos teléfonos 676 29 51 58 e 680 25 03 09. O prezo da inscrición é de 30€.

Anuncios