Sin categoría

Curso gratuíto de deseño e impresión en 3D para mozos en Baiona

A Concellería de Xuventude do Concello de Baiona ofrece un curso de deseño e impresión en 3D totalmente gratuíto para mozos e mozas de 16 a 30 anos. O curso comezará o próximo 6 de setembro e desenvolverase de 9:00 a 14:00 horas no Centro Multiusos Ángel Bedriñana. O curso consta de 85 horas de formación presenciais e 40 horas de prácticas en empresas. Máis información na Oficina de Información Xuvenil, no teléfono 986 385 921 ou en xuventude@baiona.org.