O Liceo Marítimo de Baiona organiza este sábado a súa tradicional cea-baile de verán

O vindeiro sábado día 24 de agosto o Liceo Marítimo de Baiona organiza a tradicional cea-baile de verán. Esta cea, que terá música en directo, está especialmente organizada para os socios, pero o público en xeral tamén pode gozar deste día, polo cal será aberta á participación de calquera persoa interesada en asistir. Celebrarase no salón do Liceo Marítimo e comezará ás 22:00 horas. Para reservar ou solicitar máis información pódese facer chamando ao 653 757 614 ou 608 183 957.

Anuncios