Finaliza o XXXV Torneo de Tenis Concello de Nigrán Intersport

A pasada fin de semana tivo lugar a celebración da XXXV edición do Torneo de Tenis Concello de Nigrán, disputado no complexo deportivo municipal Dunas de Gaifar, e que contou coa participación de máis de 120 inscritos repartidos entre 10 categorías diferentes, segundo a organización do torneo a cargo do Club de Tenis Nigrán.

Na categoría absoluta resultaron gañadores Nadia Cernadas Veiga, que venceu a Alicia Álvarez Rojas por 6/0 e 6/1 no cadro feminino, e en categoría masculina Jesús S. Bouza, que remontou un complicado partido ante Manuel Santomé con resultado final de 0/6 6/4 e 10/8. En categoría +45 masculina o gañador foi Alejandro Martínez González, que venceu a Manuel Vázquez Costal por 6/1 e 7/6 (3).

Gañadores de todas as categorías: Benxamín masculino, Jacobo Lariño Vidal. Alevín masculino, Jaime Rodríguez. Alevín feminino, Sara Cameselle Comesaña. Infantil masculino, Hugo Vidal Conde. Cadete masculino, Nicolás Ballesteros Cabezas. Cadete feminino, Alicia Álvarez Rojas. Júnior masculino, Maeloc Rivero Bowers.