Festas do Doce Nome de Xesús en Donas

A parroquia gondomareña de Donas celebra esta fin de semana as festas na honra do Doce Nome de Xesús. O sábado 24 un grupo de gaitas percorrerá durante todo o día a parroquia. Ás 20:00 horas haberá unha gran tirada de fogos de artificio e pola noite, a partir das 22:30, Cinema e Saudade amenizarán a verbena.

O domingo 25 ás 10:00 da mañá, entrada da Banda de Música Agrupación Musical de Vincios en Gondomar, e despois pasarrúas en San Cibrán e Os Cruceiros. Ás 12:30 do mediodía celebrarase a Misa Solemne cantada pola Coral Santa Eulalia de Donas seguida de procesión na honra do Doce Nome de Xesús, acompañada pola mesma banda de música, que ofrecerá un concerto a continuación. Pola noite, ás 22:00 horas, a verbena correrá a cargo de Charleston e Kubo.

O luns 26 ás 10:00 da mañá, entrada en Gondomar da Agrupación Musical de Belesar, e despois pasarrúas en O Telleiro e Os Cruceiros e concerto no recinto da Igrexa ás 12:30 do mediodía. Ás 16:00 horas terán lugar as grandes cucañas, e ás 20:30 unha Misa Solemne con procesión na honra da Virxe das Dores, acompañada pola mesma banda de música. Desde as 22:00 horas, a verbena fin de festa estará amenizada por Televisión e Tango.