O Cereixa disputará o sábado os dezaseisavos de final da Copa Galicia de fútbol sala

Este sábado día 24 de agosto ás 18:00 horas, o Coperfi Cereixa Gondomar FS disputará os dezaseisavos de final da Copa Galega. Por cuarto ano consecutivo entra nesta competición como campión da liga preferente sur da temporada pasada. No sorteo que tivo lugar na capital galega tocoulle o Leis Pontevedra FS, equipo que milita na 2ªB nacional, sen dúbida un dos pratos fortes do bombo.

Contando coa axuda da afección, que como sempre responde aos encontros importantes que nestes últimos anos son habituais, seguramente farán unha vez máis do Pavillón Municipal de Gondomar un fortín, onde a entrega e ilusión non lles gaña ninguén ao equipo miñorano.

Anuncios