Feira de “Revolto Artesanal” en Baiona

Baiona acolle este martes 20 e mércores 21 de agosto a feira de artesanía, coleccionismo e antigüidades “Revolto Artesanal”. Os postos estarán instalados no parque da Palma durante todo o día. O evento está incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2019 organizada pola Concellería de Cultura.