Luis Miguel Sánchez e Sara Joaquina Costas gañan a trixésimo quinta “Andar e Correr”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Saída da proba de 10 quilómetros.

Baiona celebrou este domingo a trixésimo quinta edición da popular carreira «Andar e Correr». Nesta edición participaron máis de 1.800 atletas repartidos nas categorías benxamín, alevín, prebenxamín, chupete e absoluta, o que fai do evento unha auténtica festa do deporte que cada ano consegue fidelizar a novos adeptos a tan carismático percorrido. Na carreira todo o mundo ten cabida, os moitos veciños e seguidores dos atletas fai do seu sufrimento un auténtico espectáculo deportivo, que acompañado dos moitos servizos paralelos que ofrece a organización, a converten nun auténtico escaparate de cores e xentes.

Ademais, encontrámonos cunha carreira onde se conxugan dous perfís de participantes moi definidos, por un lado, a maioría que acode a desfrutar, e polo outro, auténticos deportistas de moito nivel. Luis Miguel Sánchez Rosado, de Madrid, foi o primeiro en cruzar a meta cun tempo de 32:49, proclamándose campión absoluto da proba. A primeira muller en completar os 10 quilómetros de percorrido foi Sara Joaquina Costa Duarte, de Felgueiras, Portugal, en 38:20. Daniel Pazó Giráldez foi o primeiro baionés en cruzar a liña de meta cun tempo de 36:20, mentres que Loreto Rodríguez Martínez foi a primeira baionesa, cun tempo de 45:27.

ANDAR_E_CORRER_BAIONA_2019_ABSOLUTA

ANDAR_E_CORRER_BAIONA_2019_ABSOLUTA_POR_CATEGORIAS

ANDAR_E_CORRER_BAIONA_2019_ALEVIN_FEMENINA

ANDAR_E_CORRER_BAIONA_2019_ALEVIN_MASCULINA

ANDAR_E_CORRER_BAIONA_2019_BAIONESES_BAIONESAS

ANDAR_E_CORRER_BAIONA_2019_BENJAMIN_FEMENINA

ANDAR_E_CORRER_BAIONA_2019_BENJAMIN_MASCULINA

ANDAR_E_CORRER_BAIONA_2019_CHUPETE_FEMENINA

ANDAR_E_CORRER_BAIONA_2019_CHUPETE_MASCULINA

ANDAR_E_CORRER_BAIONA_2019_PRE-BENJAMIN_FEMENINA

ANDAR_E_CORRER_BAIONA_2019_PRE-BENJAMIN_MASCULINA

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios