Sin categoría

13 artefactos flotantes participarán no “Flota como Poidas”

Un total de 13 “artefactos flotantes” con 97 tripulantes participarán este domingo 18 de agosto no divertido “Flota como Poidas” organizado polo Concello de Nigrán ás 17:30 horas dende a ponte de Ramallosa, no Río Miñor. Premiarase o artefacto flotante máis traballado e ao máis cutre, á tripulación máis simpática, á familia máis intrépida e participativa, ao tripulante máis vello e máis novo e ao “Titanic” da edición.

O evento consta dunha baixada de artefactos flotantes polo río Miñor con saída e chegada ao mesmo punto, nun percorrido circular. Non hai ningunha limitación para a imaxinación na construción dos mesmos, só que flote e poida navegar propulsado a remo ou a vela. O “Flota como Poidas” coincidirá nesta ocasión coa festa da cervexa artesá Val Miñor Fest, que precisamente celebra o seu último día este domingo na Alameda.