Morgadáns celebra as festas de San Roque

A parroquia gondomareña de Morgadáns celebra do 15 ao 17 de agosto as festas na honra de San Roque. O xoves 15 a verbena estará amenizada pola discoteca móbil Chocolate.

O venres 16 ás 9:00 da mañá haberá unha Misa na capela. Ás 13:00 horas celebrarase a Solemne seguida de procesión acompañada pola Banda de Música Municipal de Redondela, que ademais amenizará a verbena nocturna, que comezará ás 22:00 horas, xunto co grupo Canela.

O sábado 17 a programación comezará ás 10:00 da mañá co tradicional percorrido pola parroquia da Banda de Gaitas Balcón do Val Miñor. Ás 17:30 horas celebraranse as tradicionais cucañas, e pola noite, a verbena correrá a cargo do grupo Acirema e o trío Versus.

A Parranda de San Pedro non faltará á cita

A Parranda de San Pedro partirá o venres ás 9:00 da mañá desde A Ramallosa acompañada todo o camiño por unha charanga con destino á Capela de San Roque, onde se prevé a súa chegada ás 11:30, tras o encontro coa banda de música no centro de Gondomar. Todos os que completen a camiñada levando a camiseta oficial da parranda poderán repoñer forzas cun anaco de empanada.

Anuncios