Inscricións abertas para participar no segundo “Mercadiyo” de Sabarís

Ovalmi e Coemsa, coa colaboración do Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra, celebrarán o domingo 8 de setembro en Sabarís a segunda edición do Mercadiyo-Rastro Familiar. O evento desenvolverase desde as 11:00 ata as 21:00 horas, habendo ao longo de todo o día actuacións e actividades paralelas para animar a xornada.

O obxectivo é un encontro familiar, día de desfrute coa familia, amigos… fomentando a reciclaxe, o troco, a reutilización de artigos que ao seu propietario xa non lle serven por outras persoas, e proporcionar un ingreso extra para as familias tras o gasto vacacional.

Poderán participar exclusivamente particulares (familias, amigos…) ou asociacións, e deberán poñer á venda exclusivamente artigos persoais (roupa, accesorios, aveños domésticos…), artigos que teñan por casa e non usen, pero poidan ser necesarios para outra persoa. Os interesados poden inscribirse ata o 30 de agosto no teléfono 986 366 730 ou a través do correo administración@ovalmi.com cun custo de 15 euros.

Anuncios