Camos celebra este venres a Festa do Carneiro

Este venres, día 16 de agosto, comezan as festas na honra de San Roque na parroquia nigranesa de Camos coa celebración a partir das 14:00 horas da Festa do Carneiro. Previamente, ás 10:00 da mañá, haberá unha Misa Rezada, e ás 12:00 terá lugar a Misa Solemne. A continuación sairá a procesión acompañada pola charanga Vaite Xa. Os tickets poden reservarse no teléfono 669 543 904 (Mónica). As festas na honra de San Roque continuarán do 23 ao 25 de agosto con pasarrúas, misas, procesións, concertos, cucañas, “poxas” e verbenas.

Anuncios