41ª edición do Torneo de Fútbol Vila de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Campo de fútbol do Aral.

A Concellería de Deportes e Actividades Marítimas do Concello de Baiona organiza conxuntamente co Erizana CF unha nova edición do tradicional Torneo de Fútbol Vila de Baiona, que se celebrará o vindeiro xoves 15 de agosto no campo municipal do Aral. Participarán os equipos Sénior do Erizana de Baiona e do Vilariño de Nigrán e os Veteranos do Erizana contra os Veteranos de Baredo.

Pola mañá disputarase o Torneo de Veteranos, co encontro Erizana-Baredo ás 11:30 horas e a entrega de premios ás 13:15 horas. Pola tarde xogarase o Torneo de Sénior, a partir das 18:00 horas, entre o Erizana e o Vilariño, coa entrega de premios prevista para as 19:45 horas.

Anuncios