
Do 12 ao 18 de xullo nas instalacións municipais Dunas de Gaifar de Nigrán disputarase o open de tenis “XXXV Torneo de Tenis Concello de Nigrán”, organizado polo Club de Tenis Nigrán.
Trátase do torneo de tenis con máis historia da localidade e conta con numerosas categorías, dando cabida a todos os practicantes de tenis de todos os niveis e idades. Este ano conta coa presenza con varios xogadores entre os 10 primeiros da clasificación galega.
O torneo disputarase polas tardes de luns a venres e a fin de semana xogaranse as semifinais e finais. Tense planificado facer a entrega de premios o domingo 18 de xullo ás 13:30 horas. Para máis información, ver os horarios e resultados na web do Club en ctnigran.com.