A festa gastronómica “As delicias do porco”, un éxito en Couso

Este domingo celebrouse a XVI Festa Gastronómica “As delicias do porco”, organizada pola Banda de Gaitas Novos Aires de Couso coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a Comunidade de Montes de Couso e a Concellería de Cultura de Gondomar. As 600 persoas que o reservaron previamente puideron degustar o famoso “porco ao espeto” baixo a gran carpa instalada no torreiro da festa da Virxe dos Remedios. O menú incluía ademais viño tinto e branco, auga, empanada, rosca e pan. Todos aqueles que asistiron ao evento sen reserva puideron gozar de tapas de zorza, callos, lacón cocido, xamón asado, lombo, chourizo, orella, xamón con melón, filloas e rosquillas, nunha xornada que estivo amenizada polo Grupo de Gaitas Novos Aires de Couso e a Charanga Vaite Xa.

Anuncios