A Comisión de Festas San Miguel de Peitieiros organiza unha andaina nocturna o vindeiro mércores 14 de agosto. A saída será ás 21:30 horas desde o Torreiro de Peitieiros, cunha dificultade media-baixa e unha duración de 3 horas aproximadamente. Os interesados en participar poden inscribirse ata o 12 de agosto a través do teléfono 667 458 918, enviando un WhatsApp co nome, apelidos e DNI de cada participante. O prezo é de 5 euros e inclúe bocadillo e sorteo dun agasallo. É obrigatorio levar lanterna.
A Comisión de Festas San Miguel de Peitieiros organiza unha andaina nocturna

