O PP de Gondomar critica a busca de efectivos nas redes sociais para unha Policía Local baixo mínimos

FOTO: PEPE COSTAS

A portavoz do Partido Popular de Gondomar, Paula Bouzós, culpou ao alcalde, Francisco Ferreira, do desmantelamento do corpo da Policía Local que nestes momentos só dispón de dous policías e dous auxiliares para atender unha poboación que nesta época sube dos quince mil habitantes.

Actualmente o persoal consta de seis efectivos policiais, dos cales dous están de baixa, un de excedencia e dous de vacacións, un Oficial-Xefe e dous Auxiliares xa que os outros dous renunciaron ao seu posto, quedando o Oficial-Xefe ao servizo, un policía e dous auxiliares. Durante este mes de agosto non hai servizo de tarde nin de noite, e quendas de mañá cubertos a base de horas extra. O máis grave é que isto é algo que xa se vén arrastrando de meses atrás. Xa no mes de xullo tamén se suspenderon quendas, (inclusive nas festas patronais de San Bieito). Para o Partido Popular de Gondomar non é e recibo nin nada serio que o alcalde trate de “recrutar” efectivos policiais a través de publicacións nas redes sociais e á desesperada.

“A Policía Local é un corpo de vital importancia para a seguridade dos veciños de Gondomar, e os seus membros son persoas formadas e capacitadas para realizar as súas encomendas, e para iso está a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Si o alcalde quere facer un concurso nas redes sociais, que use outro motivo de menos importancia para os veciños”, comentou a portavoz do PP de Gondomar.

A todo isto hai que engadir que dous policías que estiveron en comisión de servizo entre os anos 2017 e 2018 e que poderían seguir un ano mais, volveron aos seus respectivos concellos, motivado polas desavenencias co actual Xefe da Policía Obdulio Iglesias Otero, nomeado pola alcalde Francisco Ferreira para “darlle un revulsivo á Policía e transformala segundo os plans que teño”, segundo as manifestacións do propio rexedor. A figura de Obdulio Iglesias como Xefe da Policía vén sendo tema de controversia en Gondomar ata o punto que nos últimos días apareceron nalgúns puntos do centro e nas redes socias uns folletos para recoller firmas solicitando o cese do mesmo.

Cabe recordar que cando Ferreira chegou á alcaldía a Policía Local contaba con once efectivos, (7 policías, 1 oficial e 3 auxiliares), encontrándose vacantes a maiores dúas prazas de Policía y unha de Inspector.

En declaracións feitas polo alcalde socialista no ano 2015 na inauguración das novas instalacións da Policía, Francisco Ferreira fixo referencia a que levaba unha camisa azul “porque siente los colores del cuerpo”. Así mesmo, asegurou que o persoal encontrábase mermada nestes intres, e o obxectivo era “crear un cuerpo fuerte que atienda las demandas vecinales propias de un municipio próximo a los 15.000 habitantes”, tendo intención de incluír no presuposto de 2016 dúas novas prazas de policías y unha de oficial “e ir incrementando progresivamente la plantilla hasta llegar a 15 agentes, que es lo que le corresponde a Gondomar por ratio de población”.

Desde o Partido Popular de Gondomar instan ao alcalde que deixe atrás a demagoxia e que poña a traballar neste asunto ó concelleiro delegado de seguridade, José Manuel Chamorro, para garantir a seguridade da veciñanza. “A seguridade cidadán debe ser sempre un asunto de máxima importancia, e o alcalde o debería saber, toda vez que foi no pasado xefe deste mesmo corpo policial”, aseguraba a portavoz do PP gondomareño.

Anuncios