Cayetano Lledó presenta en Baiona o seu espectáculo de maxia “Le Cirque”

Cayetano Lledó presenta este domingo 11 de agosto en Baiona o seu espectáculo “Le Cirque”, incluído no programa cultural e de lecer Baiverán 2019 organizado pola Concellería de Cultura. Trátase dun espectáculo teatral ao estilo do teatro de variedades creado por Lafayette Company, a compañía de teatro do coñecido showman francés François Lafayette. Un espectáculo con temática circense cunha chea de artistas invitados procedentes de diversas partes do mundo: China, U.S.A., España, Rusia… que comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello.