O Coperfi Cereixa Gondomar FS comeza a pretempada

O Coperfi Cereixa Gondomar FS comeza a pretempada e no segundo adestramento da tempada, preparatorio para o enfrontamento copeiro co Leis Pontevedra FS, o equipo con caras novas e mantendo o 60% do persoal que fixo ao equipo campión de Liga e subcampión da Copa Preferente galega, anímase a facer un posado grupal.

Cambios no corpo técnico, cambios na directiva, cambios no persoal, cambios de nome comercial, cambios de imaxe e protocolo, cambios de prensa e comunicación, cambios para seguir crecendo, o que non cambia e a entrega e a ilusión.

O equipo do Val Miñor vai a pola 28° tempada, grazas aos patrocinadores, colaboradores, Concello – Concellería de Deportes de Gondomar, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Comunidade de Montes de Vincios e afección.

Anuncios