O alcalde de Nigrán recibe aos dous nenos saharauís que pasan o verán con familias do municipio

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu esta mañá aos dous nenos saharauís que están pasando este verán en Nigrán con familias de acollida. Os pequenos chegaron a primeiros de xullo e regresarán aos campamentos de refuxiados de Tindouf (Arxelia) en setembro. O Concello de Nigrán achegou 2.000 euros ao Programa “Vacacións en Paz” de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí pero se comprometeu a destinar unha partida específica de 3.000 € no vindeiro orzamento. Durante o encontro González entregoulles unhas mochilas co logo de “Nigrán” e diverso material. Ademais, falou cos cativos, que están a desfrutar moito en Galicia, e agradeceu publicamente o labor das familias que os acollen, recordando que o conflito saharauí é un conflito político ao que a comunidade internacional debe buscar unha solución que a propia ONU establece nun referendo de autodeterminación. “Oxalá algún día deixen de ter que vir porque signifique que xa están na súa casa, nun Sahara libre”, sinalou.