Unha persoa trasladada en Baiona con síntomas de intoxicación por un incendio na súa vivenda

Un incendio rexistrado nunha vivenda na que, unicamente ardeu o electrodoméstico da cociña, foi a causa pola cal unha persoa tivo que ser trasladada a un centro hospitalario, tras resultar afectada polo fume acumulado.

Pasados uns minutos das 02:30 horas desta madrugada, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibía a chamada dun particular que alertaba dun incendio nunha vivenda, situada na Rúa Covaterreña. Aseguraba que non había lume pero indicaba que tiña a vivenda chea de fume.

Desde o 112 Galicia informouse ao servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose precisa a súa intervención, aos Bombeiros de Baixo Miño, ao GES de Val Miñor e á Policía Local.

Finalmente, persoal sanitario confirmou ao 112 Galicia do traslado dunha persoa por inhalación de fume ao Hospital Povisa de Vigo.

Anuncios