Baiona despedirá o verán co festival Barbeira Season Fest

Barcelona 02 05 2018 Icult Entrevista al rapero Cecilio G FOTO de FERRAN NADEU

O sábado 21 de setembro celébrase en Baiona o festival Barbeira Season Fest que reunirá, arredor dun escenario emprazado na propia praia, a distintas propostas musicais.O cartel do festival ten pechada xa presenza de grupos tan relevantes como La Habitación Roja (acústico), Los Punsetes, Cariño ou La Bienquerida (acústico), así como a un dos grandes nomes do movemento trap a nivel nacional, o barcelonés Cecilio G. A programación musical completarase cos grupos: Boyanka Kostova, Axolotes Mexicanos e os galegos Zeltia Irevir e Thomas Dylan & Balea. O festival forma parte do programa “O teu Xacobeo” impulsado pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Baiona.

O Barbeira Season Fest celebrarase durante toda a xornada do sábado. Á ampla programación musical que comezará ao mediodía e chegará ata ben entrada á noite, sumaráselle distintas actividades e unha ampla oferta gastronómica. Isaac González, responsable de Elemental Street, a empresa promotora do evento, comenta que “este festival é unha ocasión única para despedir o verán como se merece. Pasar todo o día na praia, disfrutando de todo o contido cultural, de lecer e gastronómica programados, e escoitando en directo a grupos deste nivel é un privilexio”. “Outra das peculiariedades deste festival é que os horarios dos concertos estarán marcados polas mareas. O mar é un dos protagonistas do evento, sempre vinculado ao Camiño de Santigo”, sinala.

Ás entradas xa se poden comprar por 16€ en A Taquilla e Wegow. Tamén se poderán mercar no recinto o propio día do festival, aínda que a organización recomenda adquirilas anticipadas xa que o espazo está limitado.

O Camiño de Santiago, contidos culturais e gastronomía

Nos primeiros días do mes de setembro, durante a presentación oficial do festival, descubriranse as distintas actividades que xirarán arredor dos concertos durante todo o dia. Sobre todo, aquelas que están vinculadas á fomentar e espallar o Camiño de Santiago. Tamén participarán no evento novos creadores do panorama cultural galego.

img1img2