Píscore presenta o seu “Concerto Con Fusión” en Baiona

Píscore ofrecerá este mércores día 7 de agosto en Baiona o seu “Concerto Con Fusión”, ás 23:00 horas na Praza do Concello, dentro do ciclo “Baioteatro” incluído na programación “Baiverán 2019” organizada pola Concellería de Cultura.

Mantendo a anterior e exitosa liña de traballo marcada pola compañía, nesta produción (con)fusionan música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos: música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.

Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao escenario cos seus instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que o que podería ser un desastre convértase nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, aos poucos, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.

Anuncios