Chega a Baiona o roteiro marítimo “O Cabaleiro das Cunchas”

Os tripulantes das embarcacións que participan no roteiro marítimo do Apóstolo Santiago a Galicia arribaron este luns en Baiona, sendo recibidos polo Alcalde da Vila Real, Carlos Gómez Prado.

Este roteiro marítimo, coñecido como o Roteiro de “O Cabaleiro das Cunchas”, simboliza a travesía de “La Traslatio” do corpo do Apóstolo Santiago, rememorando a lenda do Cabaleiro das Cunchas, un nobre medieval morto ás beiras de Bouzas cando trasladaban os restos do corpo do Apóstolo Santiago a Galicia… pasando por Portugal, obrando este o milagre de devolverlle á vida, emerxendo milagrosamente das augas coas súas roupas cubertas de cunchas de vise, converténdose así a cuncha de vieira como símbolo do xacobeo. Ademais o roteiro postúlase xa como un evento lúdico, turístico e cultural que conxuga a tradición dos costumes xacobeos coa práctica do deporte de vela.

Esta X edición arrancou o pasado día 3 de agosto, desde o Liceo Marítimo de Bouzas, tras arribar este domingo a Viana, e con aínda 6 etapas por diante, a frota composta por unhas 25 embarcacións percorren distintos puntos da costa podendo gozar durante a travesía dunhas espectaculares paisaxes costeiras e recalando en varios portos das Rías Baixas nos próximos días como son Cabo de Cruz – Boiro, na Ría de Arousa; Portosín, na de Muros e Noia, no seu tránsito máis ao norte, Pobra do Caramiñal, novamente na de Arousa, e regreso a Bouzas, o día 10 de agosto.

Nas horas que permaneceron na Vila desde a Concellería de Turismo, dirixida polo Alcalde, preparóuselle unha visita guiada por distintas zonas de interese turístico, quedando marabillados coa beleza paisaxística do municipio. Carlos Gómez mostrouse encantado de poder recibilos e orgulloso de que Baiona estea presente e forme parte dunha travesía cunha lenda preciosa, aproveitando a cita para agradecer ao Presidente Javier Grande pola organización da mesma, desexando aos tripulantes que gocen desta experiencia e teñan un feliz percorrido.

2019-08-06 - O CABALEIRO DAS CUNHAS

Anuncios