Loles Silva e Silvia Álvarez, do Turonia, bronce no Mundial de fútbol gaélico coa Selección Galega

A Selección Galega feminina de fútbol gaélico rematou terceira do Mundo despois de claudicar ante as campioas do mundo no anterior Mundial de 2016, as «Liberty Ladies» de New York. O resultado final amosaba un 22-7 a favor das neoiorquinas. Previamente as galegas impuxéronse a Canadá nos cuartos de final por 13 a 2. Un logro incrible que coloca ao combinado galego no chanzo máis alto do fútbol gaélico mundial, tratando de ti a ti aos equipos de Estados Unidos, Canadá e Australia. Dúas das rapazas seleccionadas son do equipo miñorano Turonia GFG, Loles Vila e Silvia Álvarez, que contribuíron a este logro como delanteira e gardameta respectivamente.

A selección galega de fútbol gaélico confirma con este bronce histórico a súa preponderancia en Europa sendo as únicas representantes na Fase Final dos GAA World Games. Ratifican, desta maneira, o título de campioas de Europa conseguido en Lorient na Euro2018. Un equipo histórico que foi arrasando ata as semifinais contra grandes rivais coma Canadá ou a Bretaña O seguinte compromiso será o Europeo 2020, no que Galicia se postula como organizadora.

Anuncios