O “Cine na Rúa” de Baiona ofrece “Spider-Man: Homecoming”

Baiona ofrece este luns 5 de agosto ás 23:00 horas a película “Spider-Man: Homecoming”, dentro do ciclo “Cine na Rúa”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2019 organizada pola Concellería de Cultura. Peter Parker (Tom Holland) comeza a experimentar a súa recentemente descuberta identidade como o superheroe Spider-Man. Despois da experiencia vivida cos Vengadores, Peter regresa a casa, onde vive coa súa tía (Marisa Tomei). Baixo a atenta mirada do seu mentor Tony Stark (Robert Downey Jr.), Peter tenta manter unha vida normal como calquera mozo da súa idade, pero interrompe na súa rutina diaria o novo vilán Vulture (Michael Keaton) e, con el, o máis importante da vida de Peter comezará a verse ameazado.