O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca celebra a súa XXVI Semana Cultural

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca.

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, inicia este martes 6 de agosto a súa XXVI Semana Cultural coa actuación ás 21:30 horas da Escola de Baile Marcando Pasos de Nigrán. O mércores 7 á mesma hora será a quenda do Grupo de Gaitas e o Grupo de Pandereteiras “Ecos e Agarimos” do Centro Cultural de Peitieiros. O xoves 8 estará dedicado aos máis pequenos con inchables, contacontos, globoflexia, maquillaxe artística e algunha sorpresa máis desde as 17:30 horas. Xa o venres día 9 celebrarán a súa tradicional “Festa do ovo fritido con chourizo” desde as 21:30 horas, amenizada polo Grupo de Gaitas “Cores do Sobreiro” da Asociación de Veciños San Martiño de Borreiros.

Anuncios