Baiona recoñece a Manuel Pereira Montero como ex integrante da Danza das Espadas

Este domingo celebrouse no Parque da Palma a habitual homenaxe a un ex compoñente da tradicional Danza as Espadas de Baiona. Nesta ocasión, foi recoñecido Manuel Pereira Montero. Despois da actuación da Escola de Danza Vila de Baiona, acompañada polo grupo de gaitas “A Seneira”, recibiu unha placa conmemorativa da man do alcalde, Carlos Gómez, e do capitán e o rabeiro da Danza das Espadas, Jaime Costas Pereira e José Manuel Míguez. Para finalizar o acto, os integrantes da Danza das Espadas realizaron o tradicional baile, acompañados pola charanga Nova Cubana, especialmente dedicado ao homenaxeado.

Manuel Pereira Montero

Manuel Pereira Montero naceu no Burgo, na parroquia de Baíña, o 30 de xuño de 1958, no seo dunha familia baionesa sendo o menor de tres irmáns. Fillo de Manuel Pereira Álvarez e Josefa Montero Guisande. O seu pai foi un recoñecido canteiro da zona que contribuíu a moitas das obras de cantería da Real Vila como os arcos do Paseo Ribeira, as escaleiras da Virxe da Rocha, o paseo de pedra, diversas fontes e rúas empedradas.

Manuel Pereira Montero, casado e con dous fillos, dedicou unha parte da súa vida á construción, posteriormente estudou como Patrón Litoral e enrolouse un ano no mar. A súa última etapa laboral desenvólvea no Tanatorio do Miñor. Comezou a bailar na Danza das Espadas á idade de 18 anos, introducíndolle nesta fermosa tradición outro membro integrante do grupo, durante máis de 30 anos ata que un accidente apártalle da paixón polas Danzas.

Desde entón acode cada vez que actúan a ver aos seus compañeiros e este ano a Danza das Espadas de Baiona rendeulle este fermoso e merecido homenaxe.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.