Continúa o ciclo de “Cine na Rúa” en Gondomar coa película “Campeones”

O Concello de Gondomar continúa este sábado 3 de agosto o ciclo de “Cine na Rúa”, incluído no programa “Cultura de Verán”. Ás 22:00 horas proxectarase a película “Campeones” no Parque Ponte de Rosas. Marco, un adestrador profesional de baloncesto, atópase un día, no medio dunha crise persoal, adestrando a un equipo composto por persoas con discapacidade intelectual. O que comeza como un problema acábase convertendo nunha lección de vida.

Anuncios