Baiona esixe á Xunta actuacións urxentes no paseo litoral da Foz

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, esixe á Xunta de Galicia que realice as actuacións necesarias para o arranxo do tramo do paseo litoral de Baiona-A Ramallosa, á altura do Centro Antena de Sabarís, cuxa situación actual, parcialmente colapsado, “entraña un grave risco de seguridade para os viandantes”. O rexedor lembra que esta situación remóntase a fai máis dun ano, “e xa foi reclamado en reiteradas ocasións, a pesar do cal as actuacións por parte da Xunta seguen sen realizarse”. Gómez Prado considera alarmante esta situación de inacción e insta á Xunta á súa urxente solución.