Morodo & Okoumé Lions, Ganjahr Family e Shotta abren as Festas da Anunciada

Este venres arrancan as Festas da Anunciada en Baiona cos concertos de Morodo & Okoumé Lions, Ganjahr Family e Shotta a partir das 22:00 horas no Parque da Palma. Previamente, ás 20:30 horas, Superharte ofrecerá o seu espectáculo infantil “Patty Diphusa” na Alameda Carabela Pinta.

MORODO, un referente indiscutible a nivel nacional en Hip Hop e música xamaicana. Un músico consolidado que se inicia en 1999 e que a día de hoxe é venerado polos que lles gusta o roots reggae, a electrónica e o dancehall.

SHOTTA, Dentro da escena rapeira estatal, o sevillano Ignacio González Rodríguez, máis coñecido como Shotta, colocouse na cima. Shotta converteuse nun dos MC con máis talento da escena Hip Hop española, facendo gala dunha forza e creatividade indiscutibles.

GANJAHR FAMILY, é un grupo baionés formado por Daniel Canela a.k.a. Nivel Canelow e Pablo Leyenda a.k.a. Donpol, cunha gran proxección artística a nivel nacional e cunha gran base de seguidores en latinoamérica. Os estilos que practican son principalmente o New Roots e o Dancehall, aínda que se moven con soltura por case todos os estilos de Reggae cunha combinación vocal única na escena española.

Anuncios