Incautados máis de 6.000 petardos de venda ilegal nas festas de Praia América

A Garda Civil denunciou a unha persoa, veciña de Madrid, por dedicarse á venda ambulante de produtos pirotécnicos sen autorización e incautáronse de algo máis de 6.000 petardos, durante as pasadas festas do Carme que se celebraron a pasada fin de semana en Praia América (Nigrán).

A venda destes artificios pirotécnicos só pode realizarse en establecementos autorizados e a maiores de 12 e 18 anos, segundo as distintas clases.

Os efectivos da Patrulla Fiscal e Fronteiras da Garda Civil de Vigo, que realizaron as inspeccións nos distintos postos de venda ambulante do recinto feiral, incautáronse o pasado martes de 135 envases que contiñan 6.600 unidades.

Os produtos incautados son da clase F1 e F2 que teñen unha limitación de idade para a súa venda de 12 a 18 anos. Os da clase F1 son de baixo perigo, para o seu uso tanto dentro como fóra de edificios residenciais e os da clase F2 teñen un perigo medio para ser utilizados ao aire libre en zonas de gran superficie.

A venda destes artificios pirotécnicos sen autorización administrativa constitúe unha infracción grave do Regulamento de Artigos Pirotécnicos e Cartuchería, e os seus responsables poden ser sancionados con multas desde 300 ata 30.000 euros.

As distintas unidades da Garda Civil, con competencias específicas en todo o territorio nacional, realizan inspeccións ao longo do ano nos establecementos de venda de pirotecnia, intensificando estes controis nas festas populares que son máis proclives á utilización destes produtos.

Noutro orde de actuacións que se levaron a cabo pola Garda Civil no marco do dispositivo de seguridade cidadá neste evento festivo, os efectivos da Patrulla Fiscal e Fronteiras detectaron outras serie de infraccións administrativas que deron lugar a que se formulasen 7 denuncias por tenencia e/ou consumo de estupefacientes en lugares públicos, unha por consumir de bebidas alcohólicas un mozo menor de idade, 4 relacionadas coa normativa que regula o comercio interior na Comunidade Autónoma de Galicia e 4 máis vinculadas co ámbito laboral e fiscal.