Dende a Concellería de Servizos Sociais e Accesibilidade do Concello de Baiona, denuncian que o Centro de Saúde do Val Miñor e concretamente o Departamento de Traballo Social dependente do SERGAS atópase baleiro mentres o técnico desfruta das súas vacacións. Este servizo responde ás necesidades tan consideradas pola súa tipoloxía que non poden quedar sen atención os seus usuarios.
“Sabedores da necesidade e por tanto da inmoralidade e inxustiza co que os responsables da Sanidade obvian esta situación, vémonos na obriga de facer pública a gravidade dos feitos relatados, esperando que se tomen medidas urxentes na prioridade de atención as persoas demandantes”, sinala a responsable da Concellería, Concepción Vara.

