Chaín celebra a XXIII Festa do Xurelo Asado

Este domingo día 4 de agosto a partir das 12:00 horas terá lugar no Centro Cultural de Chaín en Gondomar a XXIII edición da Festa do Xurelo Asado, onde os asistentes poderán degustar un menú variado a base de produtos elaborados co rei da festa: o xurelo, asado con pan de millo, croquetas, tortilla e empanada. Tamén haberá racións dos mesmos a prezos populares e se prepararán para levar. Ademais o evento estará amenizado pola charanga A Tu Ritmo e o Grupo de Gaitas do Centro Cultural “A Merced” de Chaín.

Anuncios