A xira “Holi Party FM” fará parada en Gondomar

A xira que enche de cor o verán segue adiante e realizará novas paradas nas próximas semanas, unha delas no Val Miñor. O circuíto “Holi Party FM” que arrancaba en Marín reunindo no parque Eguren a miles de persoas, xa ten data confirmada en Gondomar, que acollerá o evento nas pistas de As Cercas cos DJs oficiais da xira Xoel Muíños e Juanma López. A festa comezará o venres, 16 de agosto, ás 19:00 horas. A entrada é gratuíta e hai que asistir vestido de branco.

HOLI PARTY FM GONDOMAR

Anuncios