Romaría da Virxe da Saúde en Parada

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Virxe da Saúde de Parada.

A parroquia nigranesa de Parada celebra este domingo 4 de agosto a Romaría na honra da Virxe da Saúde. Na véspera, o día 3, celebraranse Misas ás 12:00 do mediodía e ás 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 horas. O día da festa, o domingo 4, haberá Misas desde as 6:00 ata as 11:00 da mañá cada hora. Ás 12:15 celebrarase a Solemne seguida de procesión. Pola tarde haberá Misas ás 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 horas. O luns 5 terá lugar unha Misa ás 21:00 horas.

Anuncios