Concerto de Rockin’ Gina and The Sentinels en Baiona

Este xoves día 1 de agosto continúa a programación cultural e de lecer “Baiverán 2019” co concerto de Rockin’ Gina and The Sentinels, ás 23:00 horas na Praza do Concello de Baiona. Trátase dunha banda clásica galega de rock and roll formada en 2011 que bebe dos sons máis puros dos anos 50’. No seu repertorio nótase a influencia das grandes voces femininas da talla de Wanda Jackson, Janis Martin e Brenda Lee, entre outras, ademais de temas propios pegadizos, moi bailables e cheos de enerxía, aos que a súa voz feminina Rockin´ Gina dálle unha cor especial, coa súa voz aterciopelada e desgarradora a partes iguais. Rodeada de grandes músicos como son Klauss ao contrabaixo (Rockabilly Duet, Mr. Whiz), Germán á batería (Mr. Whiz, Creepers) e David Lemos á guitarra, son a fórmula perfecta para transportarnos ao pasado e gozar de boa música feita con moito gusto.

Anuncios