Gondomar súmase este verán aos xogos de escapismo

A actividade intégrase dentro das iniciativas pensadas desde o goberno local para ofrecer alternativas de tempo libre aos mozos do municipio durante a tempada estival. Medio, creatividade, enxeño e capacidade de dedución poñeranse a xogo en Gondomar entre os días 2 ao 16 de agosto, con Ecobox, unha sala de escapismo móbil que se instalará no exterior do antigo matadoiro municipal.

Trátase dunha iniciativa pioneira que chega ao municipio e que permitirá aos participantes poñer a proba as súas habilidades durante 30 minutos. Ese é o tempo do que dispoñerán para resolver unha serie de enigmas -de temas ambientais-, e achar a saída. A actividade está dirixida ao público de 16 anos en diante, podendo participar menores de entre 11 e 15 anos, a condición de que vaian acompañados por un adulto. Grupos de amigos ou familias poderán formar equipos de entre dous e cinco persoas para traballar na resolución dos misterios.

Os interesados en participar poderán facelo dirixíndose á OMIX, da Concellería de Xuventude, facilitando os seus datos a través do teléfono 986 369 746.