Deborah Carter pon o broche de ouro ao Nigranjazz ante máis de 2.500 espectadores

O festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán no estuario da Foz (A Ramallosa), celebrou este sábado a última xornada da súa décimo terceira edición, a máis multitudinaria con máis de 2.500 espectadores no concerto da cantante americana Deborah Carter, quen reinterpretou aos Beatles acompañada de Mark Zandveld ao contrabaixo, Xan Campos ao piano e Chus Pazos á batería.

Antes desta actuación, o saxofonista Fernando Sánchez, un dos músicos galegos de jazz máis internacionais, tocou co seu quinteto composto por músicos europeos de primeira fila, como son Ian Cleaver (Trompeta), Miguel Rodríguez (Piano), Cas Jiskoot (Contrabaixo) e Roberto Pistolesi (Batería).

Ademais, no escenario da feira gastronómica itinerante Rilla na Rúa, na Alameda da Ramallosa, actuou pola tarde o trío Off Room, un conxunto 100% de Nigrán que se sumou ao Nigranjazz versionando clásicos do jazz, soul, funk… A clásica jam-session posterior aos concertos foi a medianoite a cargo do vocalista Rubén Fernández e o pianista Sunil López co seu cuarteto.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios