Detido un veciño de Nigrán como presunto autor de dous roubos na Igrexa de Sabarís

A Garda Civil detivo a un veciño de Nigrán como presunto autor de dous roubos con forza cometidos durante este mes na igrexa parroquial de Santa Cristina da Ramallosa.

As investigacións realizadas polos efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán iniciáronse por mor da primeira das denuncias formuladas polo párroco desta igrexa a principios deste mes, ao ter coñecemento de que lle arrincaban e subtraído os petos das esmolas, cunha recadación estimativa de 400 euros.

A reiteración doutro roubo das mesmas características cometido apenas quince días despois, reforzou as liñas de investigación abertas pola Garda Civil sobre unha persoa que xa viña investigando e procedeuse á súa detención como presunto autor dos dous roubos.

Trátase dun veciño do mesmo municipio de Nigrán, de 46 anos e cun amplo historial delituoso, que nas dúas ocasións fora visto merodeando polas inmediacións da igrexa. Por mor da súa detención facilitou información sobre os “petos” que subtraera que foron recuperados na parte posterior do patio da igrexa, escondidos nunha zona axardinada con plantas e matogueiras.

Unha vez confeccionadas as dilixencias policiais relacionadas coa súa detención como presunto autor de dous delitos de roubo con forza, quedou en liberdade coa obrigación de comparecer, cando sexa citado, no Xulgado de Instrución de garda de Vigo que entende do caso.