Sin categoría

Primeiro ensaio da Rondalla de Chaín

Este próximo 1 de agosto terá lugar o primeiro ensaio da Rondalla do Centro Cultural “A Merced” de Chaín, no mesmo centro ás 21:00 horas, día no que se pecharán as listas para poder participar. “Será un ano con proxectos novos e importantes obxectivos a cumprir, polo que invitamos a todos a que veñan participar con nós para seguir medrando como se leva feito estes últimos 4 anos dende que Daniel González Troncoso colleu a dirección, engrandecendo a esta formación tanto a nivel musical como a nivel humano”, sinalan desde a agrupación.