XVI Festa Gastronómica “As delicias do porco” en Couso

A Banda de Gaitas Novos Aires de Couso e a Comunidade de Montes de Couso organizan o domingo 11 de agosto coa colaboración da Concellería de Cultura de Gondomar a XVI Festa Gastronómica “As delicias do porco”, no torreiro da festa da Virxe dos Remedios. Haberá variedades de tapas de porco, zorza, lacón, orella… sen reserva. As reservas para o porco ao espeto poden realizarse ata o 7 de agosto no teléfono 609 90 36 35.

Un porco enteiro, para 20 persoas aproximadamente, terá un prezo de 340 euros, e inclúe 8 botellas de viño tinto, 4 botellas de viño branco, 4 botellas de auga, 2 empanadas, 2 roscas e pan. Medio porco, para unhas 10 persoas, custará 170 euros, incluíndo 4 botellas de viño tinto, 2 botellas de viño branco, 2 botellas de auga, 1 empanada, 1 rosca e pan. Un cuarto de porco, para 5 persoas, serán 100 euros, e inclúe 2 botellas de viño tinto, 1 botella de viño branco, 1 botella de auga, 1 empanada, 1 rosca e pan.

Anuncios