Este domingo día 29 de abril celébrase nas instalacións da Piscina Mancomunada da Ramallosa a oitava edición do Campionato Escolar de Natación do Val Miñor, organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Mancomunidade do Val Miñor e Serviocio, dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.
O campionato conta cun total de 124 inscritos entre todas as categorías e probas, estando representados 32 colexios e clubs da contorna: A Paz Tintureira, ADA Natación Salvaterra, Ángel de la Guarda, Auga da Laxe, Carlos Casares, Carrasqueira, Castro San Miguel, Chano Piñeiro, Cova Terreña, Don Bosco, Escuelas Nieto, Estudio, Fontes, Humberto Juanes, Infante Borbón, Lope de Vega, Los Sauces, Mallón, O Castro British School, Oia, Panxón, Párroco Don Camilo, Peña de Francia, Ría de Vigo, Sabarís, San José de Cluny, Santa Cristina, Sauces, Seis do Nadal, Serra Vincios, Souto Donas e Val Miñor.
Por categoría, 31 son prebenxamines, 39 benxamines, 44 alevíns e 10 infantís.
A organización entregará trofeos conmemorativos aos primeiros clasificados de cada categoría ademais dunha completa merenda para todos os participantes e un gorro por participar da marca Arena, que patrocina o evento.
As probas son de 25 metros crol e 25 metros costas para prebenxamíns e benxamíns e de 50 metros crol e 50 metros costas para alevíns e infantís.
A competición comezará ás 10:00 da mañá e finalizará ás 13:00 horas coa entrega de medallas e sorteo de agasallos entre os participantes.
| HORARIO | CLASIFICATORIAS | HORARIO | FINAIS |
| 10.00 H | 50 ESPALDA INFANTIL | 12.15 H | 50 ESPALDA INFANTIL |
| 10.15 H | 50 ESPALDA ALEVÍN | 12.20 H | 50 ESPALDA ALEVÍN |
| 10.30 H | 50 CROLL INFANTIL | 12.25 H | 50 CROLL INFANTIL |
| 10.45 H | 50 CROLL ALEVÍN | 12.30 H | 50 CROLL ALEVÍN |
| 11.00 H | 25 ESPALDA BENXAMÍN | 12.35 H | 25 ESPALDABENXAMÍN |
| 11.30 H | 25 ESPALDA PREBENXAMÍN | 12.40 H | 25 ESPALDA PREBENXAMÍN |
| 11.45 H | 25 CROLL BENXAMÍN | 12.45 H | 25 CROLL BENXAMÍN |
| 12.00 H | 25 CROLL PREBENXAMÍN | 12.50 H | 25 CROLL PREBENXAMÍN |

