A baionesa Andrea Pais, bronce no Campionato Galego Absoluto

No Estadio da Xuventude da cidade do Lérez disputouse este sábado o Campionato Galego Absoluto en Pista ao Aire Libre. O Relevo 4×100 feminino formado pola baionesa Andrea Pais, Alicia Merino, Emma Valencia e Olaia Becerril, do Real Club Atletismo Feminino Celta, foi terceiro. As atletas levaron a medalla de bronce cun tempo de 48.83 s, mentres que o ouro e a prata foron para o Riazor Coruña e a Sociedade Ximnástica de Pontevedra respectivamente.

Anuncios