XIII Sardiñada Parroquial en Chandebrito

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Comunidade de Montes en Man Común de Chandebrito e a Asociación de Veciños “O Castro” de Chandebrito, coa colaboración do Concello de Nigrán, a Deputación de Pontevedra e a Comisión de Festas 2019, organiza este sábado día 20 de xullo a súa XIII Sardiñada Parroquial. Desde as 19:00 horas haberá inchables para os máis pequenos, e a partir das 20:00 horas actuarán as corais “Ecos do Castelo” de Parada e “Os Vagalumes” de Chandebrito. Ás 22:30 continuará a música co grupo Versus.

Anuncios