David Vieites e María Cazorla gañan a XI Subida á Groba

David Vieites Pérez e María Cazorla Torrado proclamáronse este sábado campións absolutos da décimo primeira edición da Subida á Groba. A proba cicloturista organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona alcanzou os 230 participantes, repartidos nas categorías Júnior, Sénior e Veteranos nas modalidades de bicicleta de estrada e de montaña.

A proba, de carácter ciclo turista – ciclo deportiva de marcado carácter popular, de curta distancia pero de duro percorrido, 11 km. cun desnivel de 620 m. e unha porcentaxe de 5,6%, comezou ás 11:00 da mañá desde o Pavillón Municipal, sendo neutralizada cun percorrido de quecemento ata a rotonda de Baredo e volta, sendo a saída oficial á altura da Virxe da Rocha.

Na liña de meta, David Vieites Pérez, do Club Ciclismo Oiense, marcou un tempo de 30:12. En categoría feminina, María Cazorla Torrado, do Club Ciclista Gondomar, completou a subida en 39:45, sendo tamén a primeira baionesa. O primeiro baionés en cruzar a liña de meta foi Ángel Armesto Pérez, do club Marcisport, cun tempo de 30:40.

Tamén recibiron trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, o participante de maior idade e o máis novo, Nicolás Fernández Pérez e Marcial Fernández López respectivamente, e o gañador por equipos, que foi o Tríatlon Mar de Vigo.

CLASIFICACIÓN EMPADRONADOS BAIONA

CLASIFICACIÓN GENERAL

CLASIFICACIÓN POR CATEGORÍAS CARRETERA Y BTT

CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios