A Praia de Arribas Blancas en Nigrán estrea novo acceso de madeira

A Demarcación Provincial de Costas e o Concello de Nigrán veñen de rematar a construción do acceso á Praia de Arribas Blancas en Monteferro. Trátase dunha gran escada de madeira con pasamáns que salva a pendente de acceso a unha das praias con máis encanto de Nigrán. Do mesmo xeito o Concello de Nigrán vén de rematar a reparación integral das ramplas de acceso ás praias da Cansadoura e Patos co fin de conseguir máis seguridade e accesibilidade aos seus areais.

Anuncios