O BNG conmemora, nas vésperas do 25 de Xullo, o Día da Patria en Gondomar

Mañá sábado 20 de xullo, a partir das 21:00 horas na Praza das Escolas Vellas (diante do centro de saúde), o BNG organiza unha festa en Gondomar en que, ademais de conmemorar o Día da Patria nas vésperas do 25 de Xullo, celebrará a recuperación da representación institucional no concello.

No acto intervirán Daniel Domínguez, de Galiza Nova, Xosé Manuel Marcote, en representación da Executiva Nacional, e a recen electa concelleira, Manuela Rodríguez Pumar, Portavoz Municipal do BNG. O BNG de Gondomar convida a quen o desexe a participar neste pequeno convivio de celebración e de reivindicación.

Anuncios